O BNG do Son fai un chamamento para evitar verquidos ao río Sancho

24 Agosto 2021

O portavoz municipal do BNG no Concello de Porto do Son, Balbino González, realizou unha declaración aos medios no lugar de Eiravedra, parroquia de Goiáns, para atender unha demanda veciñal e dar visibilidade a un problema acontecido durante a pasada fin de semana, cando houbo un verquido orixinado na EBAR (Estación de Bombeo de Augas Residuais) de Eiravedra, que recolle as augas residuais das parroquias de Miñortos e Goiáns. O verquido foi ao río Sancho e chegou até a praia do Langaño, ocasionando un gran dano medioambiental deixando un cheiro pestilente e depositando graxas nas beiras do regato, un dano ecolóxico matando peixes e anfibios, e unha pésima imaxe para o turismo. De nada serve gastar moreas de cartos en campañas publicitarias, como a de “Infinitamente
Natural” e despois dar este lamentábel espectáculo.
Os verquidos de augas residuais nesta zona, veñen sendo reiterados e máis en época estival e o máis preocupante é que non hai indicios de que sexan derivados dunha avaría na estación, xa que, unha vez denunciados os feitos,
automaticamente desaparece o verquido.
Hai dous días o rexedor sonense facía unhas declaracións na prensa onde amosaba a súa preocupación polo elevado consumo de auga potable e como consecuencia un aumento de augas residuais, polo que podemos pensar que
pode ser o motivo destes verquidos, ao verse desbordada a capacidade da depuradora da Aguieira, debido ao aumento do caudal que recibe para depurar.
Facemos un chamamento ás autoridade competentes nesta materia, que xa teñen constancias dos feitos, tanto Seprona como Augas de Galiza, para que realicen un estudo polo miúdo e poñer fin a este problema. E agardamos que o goberno municipal poña todos os medios para evitar estes verquidos.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.