Mobilizados 2,25 millóns de euros para axudar á transformación tecnolóxica das nosas asociacións de comerciantes

03 Agosto 2021

As asociacións de comerciantes e vendedores van ter novas e importantes axudas da Xunta para impulsar a transformación tecnolóxica dos establecementos. Trátase dunha contía total de 2,25 millóns de euros para dar un empurrón extra á revitalización e dinamización postCOVID dos centros comerciais abertos (CCA) e prazas de abastos, cuxo prazo de presentación de solicitudes ficará aberto ata o vindeiro 30 de agosto.

O obxectivo destes apoios, de concorrencia competitiva, é “recuperar e impulsar o papel dinamizador do comercio na actividade das vilas e cidades galegas a través de iniciativas que permitan atraer clientela e mellorar os servizos que se ofrecen aos consumidores na actual situación económica”. Como dixemos, porase o foco na dixitalización e nas novas tecnoloxías “como ferramentas de utilidade para o comercio fan que o Goberno galego poña en marcha esta liña de axudas destinadas a asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro que leven a cabo proxectos para a dinamización e revitalización dos CCA e prazas de abastos”.

Tanto os centros comerciais abertos como as prazas de abastos e mercados poderán optar a estas axudas para a posta en marcha ou mantemento de marketplaces ou outras iniciativas dixitais para a venda e promoción de produtos dos comercios asociados, así como campañas de dinamización comercial. Tamén poderán desenvolver sistemas centralizados de envío e entrega a domicilio, ou contratar servizos externos para a xestión de contidos nas redes sociais. As axudas máximas para os centros comerciais abertos van desde os 57.150 euros aos 27.800, dependendo do número de habitantes e comercios asociados.

No caso das asociacións de praceiros que, ademais de proxectos de fidelización e dinamización, tamén poderán desenvolver iniciativas relacionadas coa mellora de instalacións e equipamentos, as axudas poden chegar a un máximo de 14.000 euros.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.