Mércores con sol e temperaturas en ascenso

10 Agosto 2021

Non se agardan cambios significativos para o mércores, con Galicia na influencia das altas presións e réxime de ventos do norte. Así, os ceos estarán despexados na metade sur da Comunidade. Na metade norte comezaremos o día con nubes baixas que irán desaparecendo co avance da xornada, quedando algún intervalo de nubes baixas no litoral norte. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, superaremos os 30 graos. O vento soprará frouxo de compoñente norte, do noroeste moderado nas Rías Baixas pola tarde.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do norte á mañá e do noroeste á tarde e á noite, forza 2 a 3 á mañá, 3 a 5 á tarde e 3 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá, 0 a 1 metros á tarde e 0 a 0.5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar00:340.5 m
Preamar06:413.6 m
Baixamar12:390.6 m
Preamar18:573.8 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar00:250.6 m
Preamar06:343.5 m
Baixamar12:320.7 m
Preamar18:483.8 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar00:300.5 m
Preamar06:383.5 m
Baixamar12:360.6 m
Preamar18:533.8 m

* As horas están en horario local.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Domingo 6, sol e suba das temperaturas

Durante o domingo, Corpous Christi, Galicia quedará baixo a influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse néboas matinais no interior e ceos moi abertos no resto con nubes de tipo alto. Na Mariña teremos nubes de estancamento. As temperaturas mínimas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...