Martes seguimos con sol e calor

Durante o martes agárdase influencia anticiclónica sobre Galicia, cunha circulación marcada do nordés. Con esta situación, teremos ceos despexados en xeral. Pola tarde medrarán nubes de evolución en zonas de interior. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán do nordés, fortes no litoral noroeste e frouxos con intervalos de moderado no resto.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do nordés á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 3 a 4 á mañá e á noite e 2 a 3 á tarde. Marusía á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar06:053.6 m
Baixamar12:040.6 m
Preamar18:223.9 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar05:573.6 m
Baixamar11:560.6 m
Preamar18:123.8 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar06:023.6 m
Baixamar12:000.6 m
Preamar18:173.9 m

* As horas están en horario local.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

PREVISION TEMPO PARA OS PRÓXIMOS 14 DIAS