O martes Galicia continuará na influencia das altas presións. Así, agárdase unha xornada de tempo seco e de sol, con algunha brétema no litoral norte a primeiras e derradeiras hora do día. As temperaturas non terán cambios significativos ou subirán lixeiramente chegando a rondar os 30 graos. O vento soprará frouxo de compoñente norte.

O NOSO MAR: Vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 2 a 3 á mañá e á noite e 3 a 5 á tarde. Mar ovellado á mañá e á noite e marusía á tarde. Visibilidade boa á mañá e á noite e regular á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e 0 a 1 metros á tarde e á noite.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 06:04 | 3.5 m |
| Baixamar | 12:03 | 0.7 m |
| Preamar | 18:18 | 3.8 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 05:56 | 3.5 m |
| Baixamar | 11:54 | 0.7 m |
| Preamar | 18:10 | 3.7 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 06:01 | 3.5 m |
| Baixamar | 11:59 | 0.7 m |
| Preamar | 18:15 | 3.8 m |
* As horas están en horario local.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



