Licitada a recuperación en Ribeira do río Pedrín e a creación dunha senda

05 Agosto 2021

O Concello de Ribeira informa de que se xa se poden presentar ofertas para a recuperación ambiental do río Pedrín e a súa posta en valor a través da creación dunha senda turístico-fluvial ao longo do mesmo.

Esta actuación enmárcase na EDUSI Máis Ribeira Atlántica, que está co-financiada polo fondo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020. Execútase na liña de actuación 14 da EDUSI Máis Ribeira Atlántica denominada Posta en valor do patrimonio cultural, natural e turístico.

O orzamento base para realizar o proxecto será de 109.798,28 euros, IVE incluído, cun prazo de execución de seis meses. As empresas dispoñen ata o 31 de agosto á medianoite para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Interese medioambiental

O Concello explica que malia ser o río Pedrín un arroio de escasa entidade en termos de caudal, “é importante pola súa localización á beira do centro urbano de Ribeira”. O seu percorrido comeza no monte Castro e descorre cara o Parque Periurbano de San Roque, no que se sitúa un antigo lavadoiro que é, actualmente, un refuxio para varias especies de anfibios. Desde ese lugar o curso de auga descende ata o centro urbano de Ribeira, por onde vai xa canalizado e soterrado.

O Concello, a través do proxecto Máis Ribeira Atlántica 2020, pretende recuperar a riqueza natural e cultural da conca alta deste pequeno río a través dun proxecto que inclúe non só a recuperación propia do curso fluvial (limpeza do leito e da ribeira), senón tamén a proxección dun percorrido a través da servidume de tránsito do arroio.

O obxectivo principal desta actuación será a recuperación da riqueza ambiental da contorna e do propio leito do arroio Pedrín. Para iso vanse efectuar unha serie de actuacións:

• Roza de vexetación accesoria, retirada de vexetación morta (incluídas, de ser caso, as árbores caídas), e eliminación de vexetación exótica e/ou invasora, na zona de dominio público hidráulico e de servidume do arroio Pedrín.

• Detección de puntos de contaminación que poidan afectar o arroio e, de ser caso, medidas para a súa corrección.

• Restauración da vexetación de ribeira autóctona en todo o tramo do río obxecto do proxecto.

• Análise do réxime hidráulico e hidrolóxico do río Pedrín e das zonas inundables.

Para contribuír á posta en valor do arroio , da súa riqueza natural e cultural, o proxecto inclúe os movementos de terra (desmontes e terrapléns), a súa nivelación e compactación e a colocación ao tresbolillo de tocos de madeira cada 9 m para marcar o itinerario, na marxe esquerda. “Será un itinerario turístico fluvial que ten en conta a disposición topográfica do terreo en cada parte do curso do río coa fin de adaptar as características da senda aos seus atributos naturais”, sinala o Concello.

Dous ramais

O itinerario descorre ao longo do río cunha lonxitude de 685 metros. Complétase a senda cun acceso cara o núcleo de Frións (acceso sur) a través dunha parcela de titularidade municipal, localizada na paraxe de Granxa, cuxo ramal terá unha lonxitude de aproximadamente 200 metros e con outro ramal (acceso norte), duns 135 metros, que conecte coa parte baixa do Parque Periurbano de San Roque.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...