José Manuel Vidal, campión absoluto do VII Torneo de Golf do Barbanza, patrocinado por CONGALSA

30 Agosto 2021

Tras un ano de parón pola pandemia, o Torneo de Golf do Barbanza, patrocinado pola empresa pobrense CONGALSA, celebrou esta última fin de semana de agosto a súa VII edición consolidado como un evento deportivo de primeiro nivel como evidencia o feito da participación alcanzada, con 117 inscritos.

José Manuel Vidal proclamouse campión absoluto do torneo (con seis baixo par) e por outra banda Daniel Varela foi segundo (con cinco golpes por baixo do par).

Ademais, o primeiro hándicap foi para Gabriel Moral con 46 puntos e o segundo para David Montero con 44 puntos. María Pilar Vilas foi a gañadora en sénior, con 42 puntos; Marta Vázquez, en feminino, con 42 puntos e en júnior o gañador foi Miguel Pola, con 42 puntos.

Entrega de premios

Isabel Cañas, directora de RREE da compañía alimentaria participou, xunto ao xerente de Barbanza Golf, na entrega de premios e apoiou o certame promovido por CONGALSA como “un dos fitos deportivos máis significativos de cuantos pon en marcha a empresa ao longo do ano”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...