“Influencers ou influenciados” – Pedro Pérez

26 Agosto 2021

Cada vez son máis as persoas que se queren dedicar ao mundo dos influencers, e visto o visto ata o momento pode ser contraproducente para o sector. Este traballo leva consigo, segundo os influencers, unha gran carga traballo a diario, creatividade, dedicación e esforzo por sobresaír por encima do resto. Isto provoca que a competitividade aumente entre eles, entre os que xa están situados na cima e xa son dabondo coñecidos, pero que pasa cos novos, como logran relacionarse cos mellores influencers?

Os novos emprendedores, que teñen a misión de alcanzar a elite e ser unha figura de referencia na sociedade, vense obrigados a cambiar a súa forma de ver as cousas e de mostrarse ante o público, porque como en todos os novos plans, os comezos nunca son fáciles. É un traballo que non fai falta ter unha formación específica para desempeñalo, pero iso provoca que haxa unha gran saturación de personaxes e de contidos. Calquera pode probar a penetrarse no mundo, aínda que é moi complicado chegar a ser unha figura pública.

É por isto, que a pesar de que sempre hai excepcións e hai persoas que logran o seu obxectivo de facerse un oco no mundillo, o normal é que as novas xeracións de referentes en liña terminen por optar polo xa establecido. E é aquí cando chegamos ao quid da cuestión, se a maioría dos que chegan a facerse un oco no sector son copias dos que xa levan anos na cima, os novos son competencia, ou son discípulos dos influencers máis famosos? Como en todo, os únicos que poden chegar á elite sen ter que servirse de ninguén son os elixidos, ou os que teñen unha situación económica que lle permita establecer boas relacións cos profesionais.

Deste xeito, chegamos á conclusión de que os novos referentes dixitais seguen os pasos dos seus mestres e non os van a defraudar porque foron os que lles fixeron un sitio no sector, por iso hoxe en día atopámonos con moitos profesionais que son calcomanías uns doutros. E para os que non estamos dentro do mundo pero vemos a súa actividade a diario, é bo ver a persoas que mostran e opinan o mesmo de todo? É moi complicado seguir crendo neste oficio cando se están perdendo os influencers e están a nacer os “influenciados”.

Outros artigos

“La profesionalidad del Gobernador”. José Castro López

El Gobernador del Banco de España finalizó el mandato y Pablo Hernández de Cos sedespidió con la elegancia de un caballero y con la profesionalidad del eminenteeconomista después de seis años al frente de una institución clave para la economía y elsistema financiero...

+

“La Monarquía está de cumpleaños” – José Antonio Constenla

Se cumplen diez años de la proclamación de Felipe VI como Rey de España tras la abdicación de su padre. El 19 de junio de 2014 el pueblo representado en las Cortes Generales le daba la bienvenida y el nuevo Rey se sometía formalmente a la soberanía del pueblo y se...

+

“Auditorio” – José Manuel Pena

Xa é unha grata realidade, o novo auditorio. Ribeira, necesitaba un auditorio en condicións e adecuado ao seu número de habitantes e da importante poboación da propia comarca do Barbanza. Este pasado sábado chegouse a inaugurar oficialmente, coa presenza de diferentes...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

Non se sabe con exactitude o grao de contaminación que pode provocar en Galicia unha empresa que, como Altri (en Palas de Rei, Lugo), vai utilizar o eucalipto como materia prima a partir da que extraer fibras téxtiles; máis é evidente que existe medo ao que a...

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

No sé en que justo momento, si es que lo hubo alguna vez, perdimos el rumbo político y el social. No identifico en qué instante se distrajeron las referencias de los valores esenciales para la convivencia, para el entendimiento, para la discusión constructiva y la...