Goberno e Consellería do Mar avogan por estender a cooperación policial a todos os elos da cadea do furtivismo

23 Agosto 2021

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e a conselleira do Mar da Xunta, Rosa Quintana, mantiveron este 23 de agosto unha xuntanza para abordar a colaboración entre as Forzas de Seguridade do Estado e os axentes de Gardacostas autonómicos na loita contra o furtivismo no litoral galego. Ambos coincidiron “na importancia de que a vixilancia policial se estenda a tódalas actividades vencelladas a estas prácticas ilícitas”, comezando pola extracción e seguindo pola canle de comercialización e o transporte. A conselleira do Mar estivo acompañada subdirector do Servizo de Gardacostas de Galicia, Lino Sexto.

O encontro serviu para avaliar as medidas xa establecidas de forma coordinada para combater estas actividades delituosas e que veñen desenvolvéndose de xeito periódico entre ambos corpos. O delegado e a conselleira destacaron a boa colaboración que existe na actualidade e “na importancia de seguir afondando en mecanismos de cooperación que garantan o cumprimento da normativa de pesca e do Código Penal, de tal forma que se erradique unha práctica que causa perdas económicas e danos medioambientais indiscutíbeis nos concellos da costa galega”.

José Miñones enxalzou a actuación da Garda Civil a través dos axentes do Servizo de Protección da Natureza e da Garda Civil do Mar tanto nos portos, como lonxas e mercados e estradas e pistas rurais.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...