Este martes 10 de agosto ás 18:30 horas o Concello, as agrupacións da Corporación municipal e a cidadanía de Rianxo van render homenaxe no salón de plenos do Consistorio a Adrián Mosquera Rial polos seus logros deportivos. Adrián é o primeiro rianxeiro que acude a unhas paralimpiadas. No acto de recoñecemento asinarase un contrato de patrocinio entre o Concello de Rianxo e o deportista, no que se aportará unha contía económica que axude a Adrián para o seu desenvolvemento e mellora como deportista.
Adrián Mosquera Rial será a imaxe de Rianxo nos Xogos Paralímpicos de Toquio 2020 que se van a disputar a partires do 24 de agosto na capital nipona. Á súa volta, Adrián será a imaxe do Concello en charlas en centros educativos e actos para o fomento dos valores do deporte e hábitos de vida saudábeis.