En Ribeira licitada a mellora da rúa transversal do polígono de Xarás

11 Agosto 2021

O Concello de Ribeira vai emprender unha nova actuación destinada a mellorar o polígono industrial de Xarás. En concreto, vanse destinar máis de 90.000 euros á pavimentación e dotación de rede de pluviais á rúa transversal á
avenida Ramiro Carregal Rey.
A tal efecto, e de acordo co proxecto elaborado por técnicos municipais, disporase polo centro da calzada un colector de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro e construiranse arquetas sumidoiro e pozos de rexistro de formigón prefabricado que se ubicarán cada 20 e 40 metros, respectivamente.
Tamén se dotará á rúa transversal dun novo pavimento de aglomerado asfáltico en quente logo de demoler o actual, xa deteriorado.
Achega da Xunta
O orzamento base de licitación ascende a 91.503,56 euros, IVE incluído, e o prazo de execución son dous meses. A actuación está financiada pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación ao abeiro da Orde do 18 de decembro de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas a habilitación e mellora das infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia.
As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 25 de agosto á medianoite no Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.