En Rianxo arde un coche a pasada madrugada

Unha dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro interviu esta pasada madrugada nun incendio de vehículo no Concello de Rianxo.

O vehículo ardeu pola parte posterior e na extinción colaboraron a Policía Local de Rianxo e Garda Civil de Rianxo.