En Boiro, proceso colectivo para persoal administrativo do grupo C1

02 Agosto 2021

O Concello de Boiro convocou un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego para a cobertura temporal de prazas de administrativo/a do grupo C1. O prazo de presentación de solicitudes está xa aberto e as bases e toda a información sobre o proceso están a disposición das persoas interesadas na web municipal.
O sistema de acceso será mediante concurso-oposición libre e os contratos de traballo vanse formalizar a través da modalidade contractual temporal correspondente segundo se necesite no momento de realizar a contratación. O Concello explica que o proceso selectivo vai constar dunha proba de coñecementos mediante un cuestionario tipo test, unha proba práctica e proba de coñecementos de lingua galega. Valorarase tamén a experiencia profesional e a formación dos aspirantes.


As persoas candidatas deben cumprir unha serie de requisitos como son estar en posesión do título de bacharel e reunir as demais condicións para acceder ao emprego público como son ter feitos os dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación, así como posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas necesarias para o desempeño das funcións.
O prazo de presentación de solicitudes está aberto e as persoas interesadas teñen que entregar o modelo de instancia e a demais documentación que se require no Rexistro Xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas, ou a través da sede electrónica, ata o vindeiro 11 de agosto. As bases da convocatoria e o modelo de instancia están a disposición das persoas interesadas en www.boiro.gal.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.