Comezan os traballos para crear a primeira senda do patrimonio industrial pesqueiro do Camiño de Santiago

30 Agosto 2021

Este 30 de agosto comezan oficialmente as actividades do proxecto #ExpediciónRecaladas, no marco do programa Recaladas no Camiño, organizado por Fundamar. Consistirá, entre outras cousas, na creación da que sería a primeira senda do patrimonio industrial marítimo-pesqueiro no Camiño de Santiago polo litoral.

O proxecto inclúe seis días de traballo de campo e a mobilización de dous equipos multidisciplinares de investigadores acabados de titular e procedentes de distintas localidades do territorio estatal, acompañados por un comité académico integrado por Xoán Carmona (Universidad de Santiago), Julián Sobrino (Universidad de Sevilla) Manuel Lara (presidente de Buxa, Asociación Gallega de Patrimonio Industrial) e Iria Sobrino (arquitecta e experta en patrimonio).

A folla de ruta inclúe actividades e encontros con axentes dinamizadores do patrimonio, co obxecto de deseñar a devandita ruta.

O proxecto ten a apoio da Xunta, a través do programa O Teu Xacobeo. Os traballos desenvolveranse nas rías de Arousa e de Vigo, que son, segundo indican dende Fundamar, os dous enclaves “con maior densidade de elementos patrimoniais, o que permitirá explorar e xerar un primeiro xerme itinerario polo patrimonio industrial, no marco de oportunidades que ofrece o Camiño de Santiago polo litoral”.

Os equipos, acompañados polo comité organizador e científico, do que forman parte a Asociación Galega de Patrimonio Industrial Buxa, a Universidade de Sevilla, o Grupo de Estudos de Historia Empresarial e Sectorial Pesca, Industria Comercio da Universidade de Santiago de Compostela e o estudo Noncommon, terán a oportunidade de realizar actividades e encontros con axentes dinamizadores do patrimonio.

Os resultados do traballo de campo serán presentados o 29 de setembro nunha conferencia final no Museo do Mar de Galicia, onde cada un dos equipos dará a coñecer os detalles de cadansúas propostas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.