Boiro senta as bases do seu plan de acción a prol do clima

11 Agosto 2021

A xunta de Goberno local do Concello de Boiro aprobou a adxudicación do contrato menor para a asistencia técnica na elaboración dun Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentábel (PACES). O obxectivo deste contrato é “a redacción do documento final cunha serie de tarefas que permitan acadar uns obxectivos medioambientais e que sirva de folla de ruta na loita contra o cambio climático dende o Concello”.

O Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía Sustentábel é unha iniciativa europea para que os gobernos locais implanten no seu territorio os compromisos en materia de clima e enerxía da Unión Europea. O Concello de Boiro adheriuse en 2019 con compromisos como o de reducir as emisións de CO2, aumentar a eficiencia enerxética ou incrementar o uso de enerxías limpas.

Como punto de partida do PACES vaise trazar dende Boiro unha estratexia global na que se inclúan aspectos como o marco actual, os obxectivos de redución das emisións e de adaptación, a asignación de persoal e capacidades económicas e a participación dos cidadáns; tendo en conta as características xeográficas, históricas, socioeconómicas e demográficas do entorno e describindo unha visión de futuro.

Para levar a cabo a redacción deste proxecto o Concello de Boiro conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea, xa que está subvencionado ao abeiro das axudas destinadas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentábel.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...