Boiro Novo celebra o Día da Galiza Mártir cun chamamento a liberar o concello da simboloxía fascista e honrar a Cándido Castillo

17 Agosto 2021

A agrupación Boiro Novo emitiu un comunicado a respecto das medidas que deberan tomarse no territorio para rematar coa simboloxía fascista en lugares públicos, moi presente aínda nos nosos concellos, incluído o de Boiro, onde, segundo apuntan, “hai fontes fontes, lavadoiros e outro patrimonio etnográfico municipal onde perduran estes sinais, incumprindo a normativa vixente en materia de recuperación da memoria histórica”.

Boiro Novo lembra que leva anos demandando “a erradicación íntegra desta simboloxía do patrimonio municipal, sen que a día de hoxe se elaborara un plan que permita rematar este proceso”.

Con motivo dun día tan sinalado como o deste 17 de agosto, Día da Galiza Mártir, a agrupación que coordina Dores Torrado recorda novamente “a necesidade de efectuar este tipo de actuacións, en lembranza e dignificación de todas as vítimas do franquismo do noso concello”.

En particular, Boiro Novo quere lembrar a figura de Cándido Castillo González, coñecido como “O Pichón”, que foi o primeiro secretario da Sociedade de Canteiros e Oficios Varios, da asociación sindical vinculada á UGT e á Sociedade “La Fraternidad”, con sede en Cimadevila (Boiro).

Segundo engade a agrupación, a Cándido Castillo non se lle coñece implicación política ou sindical máis alá deste posto, que desempeñara durante un período de tempo non moi longo. Foi asasinado en Ponte Goiáns, preto do seu domicilio, entre o 22 e 23 de abril de 1937. Tiña 38 anos, era viúvo e non tiña fillos. Na acta de defunción indícase que a causa da morte foi “hemorragia interna por herida de arma de fuego”.

Precisamente na fonte de Ponte Goiáns, lugar onde foi asasinado Cándido Castillo González, aínda existe a día de hoxe simboloxía fascista, cuxa retirada foi demanda por Boiro Novo en agosto do ano 2018.

Por todo o exposto, a agrupación propón o seguinte:

-A retirada da simboloxía fascista da fonte situada no lugar de Ponte Goiáns.

– A colocación dunha placa homenaxe neste lugar en recordo da figura de Cándido Castillo González.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.