Boiro acolle este luns a XLV edición da cata transfronteiriza HGg&T de marisco en conserva

06 Agosto 2021

Boiro vai acoller este luns, entre as 17.00 e as 19.00 horas no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira, unha cata de marisco en conserva que organiza a revista Hostalería Galega Gastronomía & Turismo. Na presentación da actividade, que se realizou na mañá deste 6 de agosto no Consistorio, estiveron o alcalde, José Ramón Romero; o secretario xeral adxunto de ANFACO-CECOPESCA, Roberto Alonso; e a da revista HGg&T, María Campos.

Segundo fixeron saber, máis de cincuenta latas de diferentes elaboradores (a maior parte galegos pero tamén con representación portuguesa) van ser avaliadas por un panel de catadores conformado por membros da Asociación Galega de Sumillieres, da Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo, de Academia Galega Gastronomía, cociñeiros de renome e unha representación de consumidores habituais connesceurs. Contarase tamén con prescriptores recoñecidos no ámbito gastronómico como son ANFACO-CEOPESCA, a Confraría de Pescadores S. Bartolomé de Noia e a Asociación de Produtores Parquistas de Carril, e Escolas de Hostalaría.

Nesta cata participan marcas como Cuca, Daporta, El Corte Inglés, Orbe, Ramón Peña, Vigilante, Nosa, Ifa, Peperetes, Friscos, Conservas de Cambados, Ría de Arousa, Luís Escurís Batalla, Mariscadora, Paco La fuente ou Brújula. Todas elas en categorías de berberecho, navalla, ameixa, zamburiña, mexillón, polbo e lura, que se maridarán con diferentes viños.

“Esta experiencia, que por primeira vez se celebra en Boiro, ten con finalidade servir de base para a información e orientación aos lectores da revista HGg&T do sector hostaleiro e negocios comercializadores”, explicaron os participantes na presentación, engadindo que “para a realización da cata vanse seguir todos os protocolos sanitarios e medidas decretadas polas autoridades para o control da situación epidemiolóxica”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.