Baroña acolle este venres un obradoiro de escultura en barro para pequenos e maiores

05 Agosto 2021

Porto do Son vai acoller este venres 6 de agosto un obradoiro de escultura en barro, organizado pola Comunidade de Montes de Baroña. A actividade formativa e divulgativa será impartida polo escultor catalán Samuel Sacledo.

A cita será na Casa Forestal de Baroña, a carón do campo de fútbol municipal. Haberá unha sesión infantil (de 12 a 13.30 horas: taller práctico) e unha sesión para adultos (den 19 a 21.00 horas: actividade teórica e práctica). As persoas interesadas en participar deberán contactar coa organización a través do teléfono 679 156 855 (as prazas serán limitadas).

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.