As Aparvaolimpiadas, o mago Dani Polo e Cé Orquestra animan en Boiro a primeira semana de agosto

A axenda cultural de Boiro para estes primeiros días de agosto é unha axenda moi centrada no público infantil, xuvenil e familiar.

Comeza este mércores 4 cun espectáculo humorístico que vén moi a conto co acontecemento deportivo mundial que se está a celebrar en Toquio: os Xogos Olímpicos. Estamos a falar das Aparvolimpiadas, unha cita de clown, malabares e acrobacias a cargo de MeRe Clown. Será ás 20.30 horas na praza da Agramuíña de Escarabote. En caso de chuvia, trasladarase ao interior do Centro Social. O aforo será limitado, e será preciso reservar entradas na web municipal. O argumento do espectáculo é o seguinte: “Un amago de atleta polipatético se verá involucrado nunha chea de problemas para lograr a ansiada medalla olímpica. A cerimonia de apertura remata sendo un desastre, tenta acadar o éxito nos deportes máis coñecidose o único que logra é o fracaso máis absoluto. Logrará acadar a ansiada medalla?”.

Ao día seguinte, o xoves 5 de agosto, será a quenda do espectáculo Galego maxia, con Dani Polo, unha cita coa maxia dende o punto de vista didáctico, creativo e participativo, na que descubriremos o poder máxico da lingua. O lugar elixido será a praza da Terceira Idade (Centro Social de Boiro) a partir das 21.00 horas (en caso de choiva trasladarase á Casa da Cultura). Novamente a capacidade do aforo será limitada, sendo preciso reservar entradas na web www.boiro.gal.

A semana cultural rematará con Cé Orquestra, este sábado 7 de agosto ás 21.00 horas. A cita será en Cures. Coma nas anteriores ocasións, cómpre reservar entradas na web municipal.