“Apoloxía da política”. Manuel González González

29 Agosto 2021

Escoitamos acotío opinións deostadas sobre a cuestión política como “a política é unha merda”, “os políticos son todos uns ladróns, uns lerchos, uns lacazáns” e outras lindezas. Tamén existe a clásica persoa ou entidade social pública que se vangloria de ser “apolítica” como marca de pureza para que ninguén o vaia confundir con eses maleantes aos que nos referiamos antes, xente de mal vivir que se dedica á vida pública.
Con todo,  a realidade, que é tan teimosa e impúdica, nos demostra que nos países con unha certa organización democrática da sociedade, e nos outros tamén, son millóns as cidadás e os cidadáns que se dedican, directa ou indirectamente, ao irremediable acto da organización da vida social, económica e cultural dun país, uns profesionalmente e outros como afeccionados ou incluso por entretemento ou cultura. Mesmo os/as máis
recalcitrantes apolíticos/as están facendo política coa súa negativa. Quizais fose máis oportuno dicir apartidista que apolítico, que tampouco o creo salvo que sexa por non querer entrar en debates políticos que sempre crean discusións polémicas.
A política, meus e miñas compatriotas, se ninguén me desengana, é irremediablemente imprescindible, que como dicía Jean Jacques Rousseau é un contrato social que cada un de nós ten coa súa sociedade e hoxe en día, debido á
globalización, con todo o planeta e, queiramos ou non, por activa e por pasiva, aféctanos a todas e a todos.
Non obstante recoñezo que a actividade política é dura, é unha loita constante  de enfrontamentos pola supremacía das ideas pero principalmente polos intereses económicos de, sobre todo, dúas clases sociais antagónicas e ben definidas que se ven marcadas polas características das súas rendas. Uns viven das rendas do seu capital e outros das rendas do seu traballo. Na busca dese equilibrio é onde se producen os conflitos sociais pero como a vida mesma que é unha loita constante polos instintos vitais cos que nacemos todos os seres vivos, supervivencia e reprodución basicamente.
Todos e todas somos e temos que ser así, políticos en potencia, e se ti non participas, outros o farán por ti aínda que non che guste. Nunha sociedade con ansias democráticas e de liberdades a cidadanía ten o que merece aínda que algúns ou algunhas non merezan o que teñen.

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.