A xuventude responde con creces á chamada para vacinarse

25 Agosto 2021

Texto: Pedro Pérez

Así como a hostalería foi un dos sectores máis criticados e damnificados durante esta pandemia, un dos sectores da poboación tamén foi criminalizado, os mozos. Certo é, que para moitos, os bares e a xuventude manteñen unha estreita relación, mais o tempo pon a cada un no seu lugar. Coa chamada para recibir as doses de vacinación, os rapaces foron os primeiros en acudir case na súa totalidade, situación que noutros rangos de idade non se deu.

Vacinacion masiva na cidade da cultura

Primeiro foron os máis maiores, dos que a gran parte deles se vacinaron, mais ao seren os primeiros en facelo, existían moitas dúbidas sobre os seus efectos, e é de sobra coñecido, que froito disto moitos quedaron sen recibir a súa dose. Doutra banda, coa chegada dos adultos en entrada idade, aquí xa se comezaron a ver brechas á hora de acudir á cita para recibir a dose, xa que parece ser que este rango de idade, comprendido entre os 35 e 50 anos, son máis susceptibles a ser manipulados polo que se ve nas redes e na web. Unha cousa curiosa, sobre todo ao ver a resposta dos máis mozos, que son quen máis conectados están na web, mais na comarca, a maioría deles procederon a vacinarse sen influenciarse polo que leen en páxinas antisistemas e conspiranoicas.

Aínda que a moitos lles poida sorprender, ben, a palabra quizais sexa molestar, a xuventude está a acudir masivamente a recibir a súa dose de Pfizer, xa primeiro cando anunciaron as posibilidades de autocita a páxina do SERGAS colapsou, froito da gran demanda para solicitar a cita. E isto, tendo en conta que os mozos son os que menos efectos padecen pola COVID-19, e que coa vacina é normal que se sintan fatigados e débiles. Logo de tanto criminalizar aos máis mozos, estes volven a dar mostrar dun acto de responsabilidade que non en todos os sectores da poboación se ven. Ben é coñecido o dito de que “o tempo pon a cada un no seu lugar”, e neste caso queda máis que evidente.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...