A Xunta deixa en “stand by” as autocitas tras a “decepcionante” repartición de vacinas do Goberno

08 Agosto 2021
sA
Sesión fotográfica conselleiro de sanidade, julio garcia comesaña

O conselleiro de Sanidade da Xunta, Julio García Comesaña, amosouse hoxe decepcionado ao constatarse que Galicia non vai recibir nin unha soa das 3,4 millóns de doses extra anunciadas a semana pasada polo presidente do Goberno.

Tal e como sinalou o máximo responsable sanitario da Xunta, Galicia é unha das comunidades que máis e mellor leva vacinado. Así, foi quen poñer todas as vacinas que foron chegando, xa que compre recordar, -remarcou García Comesaña-, que son as comunidades autónomas as que organizan toda a campaña e as que poñen as vacinas.

A nosa comunidade sempre estivo nos primeiros lugares tanto en doses administradas respecto ás recibidas, e no número de vacinas postas en poboación maior dunha certa idade. Neste senso, na actualidade, Galicia é das primeiras comunidades en poboación maior de 40 anos coa pauta completa. É dicir, ten uns niveis de vacinación francamente bos, -destacou García Comesaña-. Estes niveis, son froito do traballo do grupo de profesionais que fan este proceso, así como da poboación que acode de xeito masivo ás convocatorias, -remarcou o responsable da Consellería de Sanidade-.

Neste contexto, e cando España recibe unhas doses extras por esa eficiencia, sendo Galicia unha das comunidades que máis está a contribuír a ese logro, descubrimos tarde e mal, -dixo o conselleiro-, que Galicia non recibirá ningunha desas 3,4 millóns de doses anunciadas por Pedro Sánchez a semana pasada.

Reprogramación

Galicia terá, este mes de agosto, menos doses das que tivo en xuño e en xullo, “o que non é de recibo”. As consecuencias son evidentes, porque ademais da mala noticia de que Galicia non recibirá nada desta partida “extra”, hai que salientar que, nesta semana e a seguinte, o envío de viais de Moderna se reduce un 50%, o que significa que,


“non podemos administrar esas primeiras doses, posto que debemos garantir as segundas, que xa corresponden por tempo”. “A estas persoas se lles administrará Pzifer, grazas á reserva estratéxica que fai a nosa Comunidade”.

Polo demais, “estivemos a traballar para poder manter o resto das citas da semana que vén, o que non poderemos é facer o envío previsto dun número importante de SMS para novas citas, nin tampouco, polo momento, abrir mais ocos para autocitas”

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.