A Deputación e Paideia impulsan o emprendemento ligado á mercadotecnia dixital

04 Agosto 2021

A Deputación da Coruña, a Fundación Paideia e a EOI desenvolverán un proxecto para potenciar o emprego e o emprendemento no ámbito da mercadotecnia dixital. O presidente da entidade provincial, Valentín González, e a responsábel da fundación, Sandra Ortega, asinaron este 4 de agosto un acordo para o desenvolvemento das actividades formativas e das actividades de xeración de coñecemento da primeira fase do proxecto, Márketing Dixital, Empregabilidade e Cooperativismo, abeirado ao Plan de Emprego Local. Achegarase formación práctica nos pasos a seguir para a creación dunha cooperativa e porase o foco na mocidade.

A Deputación fixo saber que o proxecto “conforma unha experiencia piloto na que se combina a formación para o emprego co apoio á posta en marcha real e efectiva de actividade emprendedora, dirixida a un sector vulnerábel da sociedade como é a mocidade desempregada”.

Tras a realización dunha primeira fase formativa en dous concellos da provincia, organizada pola Fundación Paideia en colaboración coa EOI, seleccionaranse á mellor proposta de cada un para continuar cunha segunda fase do programa, que é a que se corresponde co obxecto do convenio asinado este 4 de agosto. O resultado serán dúas cooperativas do sector da mercadotecnia en liña impulsadas por xente nova e que contarán co asesoramento para a constitución de cadansúas iniciativas de emprendemento, así como os gastos derivados do seu primeiro ano de funcionamento.

Mediante a sinatura do convenio de colaboración a Deputación comprométese a co-financiar con 145.275,00 euros este proxecto, o que supón o 75% do seu custo.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.