A ARE achega un xogo de desafíos en liña para promover o comercio de Rianxo entre a mocidade

13 Agosto 2021

A Asociación Rianxeira de Empresarios puxo en marcha un campaña en liña para promover o concello e o seu tecido comercial neste contexto de progresiva, aínda que interrompida, desescalada da COVID. Falamos da iniciativa Canto sabes de Rianxo?, que pon o foco na xuventude. Nela poden participar mozas e mozos de idades comprendidas entre os 12 e os 17 anos.

Propónselles o reto de buscar, na rede rianxeira de establecementos asociados, unha serie de códigos QR que os guiarán até unha serie de preguntas sobre lugares e persoeiros da rica tradición cultural de Rianxo.

Amais deste desafío, a ARE asinou un convenio en materia de prevención de riscos laborais.

Volvendo a Canto sabes de Rianxo?, o desafío está conformado por dez preguntas que as persoas participantes deberán localizar e coa axuda dos seus dispositivos móbiles acceder á web da ARE (onde deberán rexistrarse) para contestalas de xeito correcto (achegando tamén os datos dun titor ou titora).

Entre todos aqueles participantes que respondan de xeito correcto todas as preguntas sortearanse tres lotes compostos por:

· Un vale de 100 € para gastar nos negocios asociados á ARE.

· Un vale de 20 € para pedir comida a domicilio na plataforma de comercio en liña mercarianxo.gal.

· Un lote de material (mochila, botella e taza de mercarianxo.gal e paraugas e bolsa reutilizábel da

ARE e o Rianxo CCA).

Convenio de colaboración ARE – GESEME

Nos pasados días a ARE asinou un novo convenio de colaboración con novas vantaxes para tódolos seus asociados. Neste caso o convenio formalizouse con GESEME, entidade con ampla experiencia na xestión da prevención de riscos laborais. A través deste convenio GESEME ofrece aos socios da ARE os seus servizos condiciones económicas especiais:

• Auditoría previa.- Coñecer o estado actual do sistema preventivo dos asociados.

• Atención personalizada.- Interlocutor único para calquera xestión, sen necesidade de chamar a unha central de atención ao cliente, así como atención rápida e prioritaria.

• Confianza.- Ter un provedor de servizo para o que prima a calidade do traballo realizado.

• Seguridade e tranquilidade fronte a inspeccións de traballo.- Asesórase e acompáñase ao cliente, se así o require, cun equipo técnico altamente cualificado.

• Protección fronte á COVID-19.- Desenvolveńse os protocolos pertinentes en todas as actividades, así como plans de continxencia, formación e probas COVID.

• Desconto por ser asociados á asociación.- Os asociados beneficiaranse de condicións económicas

especiais, tanto no contrato de prevención de riscos como en formación.

Este convenio ven a sumarse aos outros que a ARE xa ten asinados anteriormente con outras entidades de diversos sectores: servizos bancarios, outros servizos financeiros, carburantes, protección de datos…

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.