50 denuncias na provincia no control de embarcacións deportivas

31 Agosto 2021


O Servizo Marítimo e as patrullas de portos e costas da Garda Civil da Coruña manteñen ata o 15 de setembro a campaña de control de embarcacións deportivas, de recreo e de motos náuticas, segundo informa a Benemérita. Por infraccións, e nas máis de 200 inspeccións realizadas na provincia da Coruña desde o 1 de xullo, formuláronse un total de 50 denuncias.
Entre os obxectivos desta campaña están, explica, os de previr a navegación polas zonas prohibidas, prestando especial atención á vixilancia da zona de baño e navegación en lugares suxeitos a limitacións de acceso como son as augas do río Eume que contan con protección.

A Garda Civil está a prestar especial atención á velocidade de navegación, “xa que nas entradas a portos e canles navegables a velocidade máxima regulamentaria é de só tres nós e en todo caso nunca superior á mínima velocidade que garanta o pleno goberno da embarcación ou moto náutica”.

Outro dos aspectos nesta campaña é comprobar que se respecta o número máximo de tripulantes a bordo establecido para cada embarcación.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...