1ª xornada Regata Mar de Finisterre-Trofeo Pitusa Sabín

21 Agosto 2021

A densa néboa que poboaba a ría de Muros e Noia desde horas ben temperás, provocou que o comité da
Regata Mar de Finisterre – Trofeo Pitusa Sabín, que estes días organiza o Real Club Náutico Portosín, cancelase a etapa longa ata a propia enseada fisterrá, unido á ausencia total de vento, principal compoñente para a navegación dos máis de 30 veleiros que se están dando cita na competición que é valedoira para o Trofeo Presidente
Xunta de Galicia.
Tras máis dunha hora aprazados na auga – a saída estaba prevista ás 12.00 h. do mediodía – o comité arriaba a bandeira de Intelixencia, finalizado o tempo de espera e dando, 6 minutos máis tarde, a primeira das dúas saídas previstas: Trofeo Presidente Xunta de Galicia e Open.
Con esta premisa e tras unha modificación anunciada pola canle de radio da regata, ambos os grupos iniciaban un trazado interior pola ría muradá e noiesa, con saída desde as inmediacións do Club, cinguindo ata unha boia fondeada ao través da praia de Arnela que se deixaba por estribor, boia meteorolóxica tamén por estribor e chegada. Os do Trofeo Presidente facían este percorrido dúas veces e os Open unha soa vez, sendo de 19,14 millas náuticas para os primeiros e de 9,7 para os segundos.
A medida que avanzaba a tarde o vento retirábase, deixando pozos moi difíciles de salvar onde moitos dos barcos sufriron para poder terminar, en tempo e forma, a regata.

Con esta premisa, o Urbapaz, de Fran Edreira, do Club Marítimo A Penela, levaba o liderado do Trofeo Presidente Xunta de Galicia, nun brillante duelo con Siradella, de Francisco Gude, do Real de Portosín, e o veleiro da Armada Española, o Mirfak, patroneado por Diego López, que eran segundo e terceiro, respectivamente.
Nos Open facíase co banzo máis alto do caixón do podio o Entropía, de Jorge Arán, de Portosín, sendo segundo o Atlante, de Ignacio Hermo, tamén de Portosín, ocupando a terceira praza o Squid II, de Francisco Lusquiños, do Club Náutico Portonovo.
Especial mención merece o Alegría, da polaca Magdalena Czernik, embarcación local do Real de Portosín, tripulada exclusivamente por mulleres.
Mañá domingo tocan os bastóns con dúas probas ao vento, sendo a previsión de vento de moita mellor bonanza que a vivida hoxe na ría.
A entrega de premios está prevista ás cinco da tarde, coa presenza confirmada dos principais patrocinadores, Dominga Sabín e Jacinto Hernández, así como da conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana; o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, membros da súa Corporación municipal e directivos do Club de Portosín.

Outros artigos

Incendio no estaleiro de ribeira na Barquiña no concello de Outes

Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro e Ribeira xunto Ges de Noia e Garda Civil intervimos en incendio de Asteleiro de Ribeira na Barquiña no Concello de Outes. Ao redor das 02:37 horas rexistrouse un incendio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ausencia de los eméritos”. José Castro López

“La ausencia de los eméritos”. José Castro López

Se cumplieron diez años de la coronación de Felipe VI y el aniversario se conmemorócon un acto sencillo, alejado de la grandiosidad que suele dominar la esfera pública.Al Rey le tocó reinar en el peor momento para la institución monárquica por problemasheredados de su...