Unha muller de 31 anos morreu nunha colision na autovia do Barbanza

Tal como vimos informando en Obarbanza.gal , o choque entre dous vehículos na autovía da Barbanza (AG-11), en Cespón, á altura da saída cara ao polígono de Espiñeira, en Boiro, sentido Ribeira, sáldase coa morte dunha muller de 31 anos.

O vehículo en que viaxaba sufriu unha avaría e quedou parado en plena vía. Outro turismo investiuno por detrás 

Ata o lugar do sinistro desprazáronse os Bombeiros de Boiro que non puideron facer mais que excarcerar a vítima. Os servizos sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida. Todo indica que se tratou da colisión de dous vehículos, dos que un estaba parado.

Tamén aterrou na zona un helicóptero medicalizado  polo que foi preciso interromper a circulación nun carril da autovía. O accidente causou retencións durante máis dunha hora.
Tamén interviñeron no accidente axentes da Policía Local, Protección Civil e de Tráfico da Garda Civil que realizan o atestado.

O accidente ocorreu na AG-11, ao redor do punto quilométrico 23, en Cespón, sentido Ribeira.

Nada máis recibir as chamadas dos alertantes, desde o 112 Galicia pasouse aviso de inmediato ao Servicio de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Do mesmo xeito, foron informados os Bombeiros de Boiro e Ribeira, que tamén acudiron nada mais ser alertados, ao igual que os axentes de Tráfico, da Policía Local, e os efectivos de Protección Civil da localidade.

Finalmente, os servizos sanitarios tras confirmar o falecemento da muller, indicaron que outra persoa tamén fora atendida no mesmo lugar dos feitos, aínda que non chegou a ser trasladada.

A intervención do persoal do servizo de mantemento da vía tamén foi requirida polo 112 Galicia.,