Falece unha muller nun accidente na Ag 11 a altura de Boiro. Ampliación

17 Xullo 2021

Foi precisa a intervención dos Bombeiros de Boiro para liberar á vítima do interior do vehículo e que, pese aos intentos, nada se puido facer por salvarlle a vida.

Varios particulares contactaban co 112 Galicia, sobre as doce deste mediodía, para informar do accidente. Aseguraban que un coche colidira contra outro que estaba parado e que podía haber persoas feridas e atrapadas.  

Precisamente, debido á gravidade do sinistro e, tras confirmar que unha persoa quedara atrapada no interior dun dos vehículos, os servizos sanitarios derivaron ao punto un helicóptero medicalizado, que tomou terra na mesma Autovía.  Por iso, para facilitar  a aterraxe da aeronave, foi preciso interromper a circulación nun carril da Autovía.

O accidente ocorreu na AG-11, ao redor do punto quilométrico 23, en Cespón, sentido Ribeira.

Nada máis recibir as chamadas dos alertantes, desde o 112 Galicia pasouse aviso de inmediato ao Servicio de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Do mesmo xeito, foron informados os Bombeiros de Boiro e Ribeira, que tamén acudiron nada mais ser alertados, ao igual que os axentes de Tráfico, da Policía Local, e os efectivos de Protección Civil da localidade.

Finalmente, os servizos sanitarios tras confirmar o falecemento da muller, indicaron que outra persoa tamén fora atendida no mesmo lugar dos feitos, aínda que non chegou a ser trasladada.

A intervención do persoal do servizo de mantemento da vía tamén foi requirida polo 112 Galicia.,

Foto grupo” sucesos solo Barbanza”

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.