“Un reparto agardado e desexado.(E tamén temido”. Antón Luaces

20 Xullo 2021

Velaí ven a esencia que o sector marítimo-pesqueiro galego agarda coma auga de maio en plena tempada de calor (que non de sol): España vai recibir algo máis de 1.100 millóns de euros do Fondo Europeo Marítimo da Pesca e a Acuicultura (FEMPA).

 Esta cantidade -ou a que finalmente se decida na UE- deberá repartirse en base ás necesidades que verdadeiramente teñen  as Comunidades Autónomas e que van dende o renovamento do persoal do sector á mellora  das condicións técnicas e laborais do mesmo. Por este motivo, Rosa Quintana agarda que Galicia saia “moi ben parada”. 

Se o programa operativo a aplicar polo Ministerio para o reparto da cantidade que corresponda a cada territorio responde verdadeiramente ás peticións formuladas, é posible que, por unha vez, se faga xustiza ao sector pesqueiro galego dando resposta ás súas  necesidades reais, que non varían das anteriormente expostas: anovamento do persoal do sector e mellora das condicións técnicas e laborais. 

Sendo así, Galicia pode ver reducida  a súa participación nos Fondos so nun 1,3%, tendo en conta que estes xa se reducen entre un 4,6 e un 5% en relación co ano anterior. Dando por feito que este ano será maior a cantidade a outorgar a Galicia, pode entenderse esa expresión da conselleira Quintana cando dixo que a comunidade galega poder sair “moi ben parada”. Oxalá; pero ei crélo cando o vexa.

Preguntaráse o lector o por que do sinalamento do medo entre paréntese no titular deste traballo. Moi sinxelo: o operativo de resposta ao devandito reparto non sempre -nin moito menos- responde ás necesidades reais da frota de cada autonomía. E menos aínda se, como xa é cotián nas do Cantábrico Noroeste, máis que ter en conta as necesidades reais das frotas se priman os dereitos tradicionalmente aplicables aos pesqueiros bascos e cántabros, cando non se atribúen aos barcos desta parte do Cantábrico -especialmente aos de Euskadi- uns beneficios que para nada se conceden ós de Galicia e Asturias. Non sei, pero sí o malicio, que hai “favores” que se pagan por máis que non cheguemos nunca a saber que motiva verdadeiramente tal pago.

 Xa me contará o lector se non abonda cos beneficios naturais que outorga á frota arrantxale o feito de que tanto a xarda como o bocarte acceda ao caladoiro Cantábrico-Noroeste precísamente polo Golfo de Biscaia, algo do que non teñen nin miga de culpaos pescadores de Esukadi e, de paso, os de Cantabria. O mesmo, aínda que noutra medida, acontece co bonito, que cando chega ás costas galegas está máis resabiado que o touro que matou a Manolete.                                                                                                            Polo tanto, un reparto desexado. agardado, máis tamén temido.       

Outros artigos

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

+

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.