Tres ofertas presentadas á licitación de dous centros de compostaxe comunitario e 84 caseiros en Ribeira

05 Xullo 2021

O Concello de Ribeira informa de que foron tres o número de ofertas presentadas durante a licitación da implantación de dous centros de compostaxe comunitario para o tratamento in situ de biorresiduos no casco urbano de Ribeira,
e o subministro de 85 composteiros domésticos para tratamento de biorresiduos en vivendas.


Este proxecto contempla a implantación de dúas áreas de Compostaxe Comunitario nas zonas das Abesadas e O Touro que recibirán a fracción de residuos orgánicos dos domicilios nun radio de 500 metros, así como os residuos orgánicos procedentes do comercio de alimentación e hostalería máis próximos. Tamén se empregarán restos de desbroces, podas e céspede tanto das hortas e xardíns de propiedades particulares (vivenda individual ou colectiva con zonas
verdes) como os procedentes dos parques e xardíns municipais,no radio de afección do centro de tratamento comunitario. Este material residual procedente de parques e xardíns empregarase como material estruturante.
Cada punto de compostaxe comprenderá 5 unidades modulares de compostaxe, un contenedor de 3 metros cúbicos para restos de biomasa procedentes de parques e xardíns, caseta para almacenamento de aperos, arcón para almacenamento de material estruturante triturado, punto de auga para rega e recollida de augas, coas súas respectivas conexións aos servizos públicos de abastecemento e saneamento. O Centro de Compostaxe Comunitario ocupará unha superficie de 4 m por 8m cerrado mediante valado co fin de limitar os acceso aos usuarios adheridos ao proxecto. Taménse prevé a dotación dunha biotrituradora-racheadora que será compartida polos 2 Centros de Compostaxe Comunitario Por outra parte, tamén se contempla neste proxecto a implantación de 85 composteiros individuais naquelas vivendas, tanto do núcleo urbano como das parroquias, que dispoñan de terreo para a súa
instalación.

A actuación ten un prezo base de licitación de 54.998,88 euros con IVE e está financiada ao abeiro da Orde do 5 de maio de 2020 (D.O.G. Núm, 92 do 13 de maio de 2020) Axudas en materia de residuos de competencia municipal cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 segundo resolución ditada pola directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, por delegación da súa Conselleira

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...