Ribeira acolleu a VII Carreira pola Diversidade

Hoxe, domingo 11 de xullo, tivo lugar a sétima edición da Carreira pola diversidade, baixo o lema “Salvando distancias”. Un evento solidario e pioneiro na nosa comarca, cuxo obxectivo é darlle visibilidade e promover o deporte inclusivo, ademais de romper as barreiras coas que se atopan as persoas con diversidade, en prol dunha sociedade máis xusta e equitativa. 

remitida

A VII Carreira pola Diversidade, tivo lugar hoxe domingo 11 con saída da Explanada de Coroso, en Ribeira. Un total de 125 persoas participaron na carreira, nas diferentes modalidades (Absoluta, Handbike, Cadeira Deportiva, Zapatilla Inclusiva), corredores e corredoras da talla de Mila López, Álvaro Illobre, José Manuel de la Iglesia, Alberto Fernández
Boo, Sabela Pensado ou Juan Carlos Brión. Ademais do alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz. Máis de 100 persoas participaron na andaina virtual ata o momento.
Contamos tamén coa participación de clubs deportivo como o “Club de Natación Ribeira”, “Triatlón Ribeira” “Triatlón Boiro”“Escuela de Boxeo el Canario “Sachacamiños” “San Miguel de Marín” “Club deportivo Brión Hyupersa Santiago” “Flow pilates & trainning” “SD Compostela Atletismo” “El Barrio”.
Destacou tamén a participación na Andaina de organizacións e entidades como CONGALSA, Concello de Ribeira, Concello de Porto do Son, Asociación Misela.
Á Carreira pola Diversidade achegáronse corredores, de dentro e fóra da comarca da Barbanza.

remitida

Galardoad@s 2021
Categoría Cadeira Deportiva

  1. Álvallo M. Illobre Saavedra
  2. José Manuel de la Iglesia
    Categoría Handbike
  3. Mila López Vernett
    Categoría Absoluta Masculina
    Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional
    Lg de Granxa, 5 – San Roque, 15967 Ribeira (A Coruña)
    981 875 475 |607 356 550
  4. Jordi Carrasco Núñez
  5. Juan Francisco Fernández Lij
  6. José Lojo Fernández
    Categoría Absoluta Feminina
  7. Sabela Pensado Parada
  8. Clara María Millares Sieira
  9. Shaial Muñiz Pérez
    Categoría Zapatilla Inclusiva
  10. Alberto Fernández Boo
  11. José Manuel Santos Pérez
  12. Ramón Héctor Vidal Silva
    Cada persoa ou equipo galardoado recibirá un trofeo conmemorativo. As entregas faranse de maneira individual nas vindeiras semanas.

    Grazas as persoas colaboradoras e participantes, recadaronse máis de 12.000€ . Toda a recadación obtida será destinada á adquisición de material para a prevención do contaxio por COVID-19, para as persoas con diversidade intelectual. Con isto, poderemos seguir traballando pola inclusión e benestar das persoas con diversidade funcional.
    A VI Carreira pola Diversidade en todas as súas modalidades chegou nada máis e nada menos que a 228 persoas inscritas.
    Desde Ambar queren destacar tamén o labor e a colaboración do Concello de Ribeira, Jealsa, Combustibles Puebla, Tarrio & Suárez, Conresa, Serdeco, MAX China, Climafrío, Neumáticos Soto, Boiresa, Clínica Dental Rebeca Ozores, Autos Outeiral, Gadisa, Fariña Bretal, Pescados Hermanos Lijó e Entrena Galicia. Grazas a súa colaboración podemos
    seguir apostando pola Carreira pola Diversidade.
remitida