Ribeira acolle o domingo a VII Carreira pola Diversidade de Ambar

Este domingo 11 de xullo celebrarase a sétima edición da Carreira pola Diversidade que organiza a Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional. A carreira dará comezo ás 10:00 horas con saídas na explanada de Coroso, Ribeira.

A competición desenvolverase en diferentes categorías: Absoluta, Zapatilla Inclusiva, Cadeira Deportiva e Handbike. Así, esta edición contará coa presenza das figuras de Mila López, Alex Ferradás, Álvaro Illobre, José Manuel de la Iglesia, Esteban Vidal e Marcos Franco, entre outros.

O evento comezará ás 9:00 horas coa entrega de dorsais, para ás 10:00 horas que Milagros Rey, presidente de Ambar con Nucha Brión, concelleira de deportes do Concello de Ribeira, dean o inicio da carreira. Ademais, dende hoxe venres 9 de xullo celebrarase a Andaina pola Diversidade.