Rescatados oito senderistas perdidos en Carnota

11 Xullo 2021

Os servizos de emerxencia rescataron durante a pasada a tarde a un grupo de sendeiristas composto por oito membros que perdéronse mentres realizaban a Ruta da Moa, en Carnota.

Foi un dos sendeiristas quen deu conta da súa situación ao 112 Galicia ás seis menos cuarto.

Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a súa localización a través do servizo de coordenadas do Whatsapp e, unha vez recibida, transmitiuse esta información aos servizos de emerxencia.

Deste xeito, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil, da Policía Local, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e do GES de Muros.

Segundo confirmou a Policía Local ao 112 Galicia, unha vez que o grupo de sendeiristas foi rescatado, estes foron atendidos polo persoal sanitario por algún golpe, aínda que todos estaban en bo estado.

O Pindo A Moa

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.