Presentada a XI Ruta Marítima Xacobea O Cabaleiro das Cunchas

23 Xullo 2021

O Liceo Marítimo de Bouzas acolleu este venres 23 de xullo a presentación da XI Ruta Marítima Xacobea O Cabaleiro das Cunchas, un acto conducido polo seu presidente, Miguel Pereira, e que estivo presidido pola delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias. Ao mesmo tamén asistiron o presidente da Asociación da Ruta Marítima Xacobea O Cabaleiro das Cunchas, Javier Grande; o tesoureiro da Asociación, Mario Cardama; o segundo comandante da Comandancia Naval de Vigo, Luis Salanova; o presidente da Asociación dos Amigos do Camiño Portugués, Tino Lores; e a directora de Stella Maris, Elvira Larriba.

“Pretendemos que os navegantes gocen dunhas xornadas de navegación e actividades en cada porto que visitamos”, comentaba Grande, quen tivo palabras para render tributo a Paulino Freire, “que era un soñador e un convertedor de soños, e aquí están a Ruta Marítima e a Traslatio” (en alusión á Iacobus Maris de 2022, ruta de grandes veleiros que partirá desde Haifa e que terá por destino final o porto de Vigo).

Pechou o acto a delegada da Xunta, que manifestaba que “para a Xunta de Galicia e para o Xacobeo non podiamos facer outra cousa que apoiar a Ruta e, ademais, nuns tempos tan difíciles como estes, porque ademais sabemos o que iso supón para Bouzas e para unha cidade como Vigo”. E engadiu: “Imos apoiar todas as iniciativas que promovan o Camiño de Santiago e esta é, sen dúbida, unha das máis importantes”.

A delegada da Xunta na súa intervención

Con saída desde o Liceo Marítimo de Bouzas o próximo 31 de xullo, a primeira vila mariñeira na que arribará a frota será a de Muros, final das Rías Baixas e encontro coa Costa da Morte, tras percorrer 42 millas náuticas.

O 1 de agosto, Camariñas será o seguinte porto de destino, cun trazado de 35 millas, para dar o salto o día 2 até a cidade da Coruña, onde a frota permanecerá dúas xornadas de descanso na Mariña Real, tras percorrer 47 millas, sumando un total, até o momento, de 124 millas que simbolizan o ecuador da peregrinación marítima.

Tras o repouso na cidade herculina, a peregrinaxe marítima emprenderá a baixada, establecendo o primeiro porto cara ao sur en Muxía, con 47 millas de percorrido o 4 de agosto, vila na que visitarán a súa famosa igrexa. As seguintes 36 millas levará aos barcos até o Real Club Náutico Portosín, no interior da ría de Muros e Noia, onde ficarán outras dúas noites ao dedicar a xornada do 6 de agosto ao traslado dos navegantes até o alto do Milladoiro, desde onde chegarán peregrinando a pé até Santiago de Compostela, oficiándose na mesma Catedral a Misa do Peregrino aos Cabaleiros dás Cunchas, organizada por Tino Lores, presidente da Fundación Camiño Portugués e mentor da Compostela Náutica.

O día 7 de agosto a frota emprende o regreso cara a Bouzas facendo parada e fonda na Pobra do Caramiñal, cunha distancia de 29 millas, sendo a última xornada a do 8 de agosto coa que, tras percorrer as últimas 30 millas, chegarán ao destino de partida, o Liceo Marítimo de Bouzas.

Nesta última xornada e tras navegar 219 millas náuticas, uns 405 quilómetros, o Salón Nobre do Liceo acollerá a entrega das Compostelas Náuticas e dos diplomas aos peregrinos.

Baseada na tradición de Bouzas recuperada por un dos seus fillos predilectos, Paulino Freire, a Ruta de O Cabaleiro das Cunchas bebe da tradición de A Traslatio do corpo do Apóstolo Santiago, rememorando a lenda do dito cabaleiro, un nobre medieval morto por unha lanza ás beiras da localidade viguesa, sucumbindo no interior das súas augas e devolto á mesma co paso do corpo do Apóstolo, saíndo da mar a lombos do seu cabalo recuberto de cunchas, atribuíndose o milagre ao mesmo Santiago.

Outros artigos

A Marea de Noia require unha inspección da ETAP

O voceiro da Marea de Noia, Manolo Seijas, presentou un escrito ante a inspección de sanidade sobre a auga municipal no que require ao dito departamento unha análise exhaustiva da ETAP (Estación Tratamento de Auga Potábel) para verificar o estado da mesma e do...

+

I Concurso Infantil de Debuxo ApiBarbanza – 2024

A delegación de AGA, asociación Galega de Apicultores, no seu Delegacion do BARBANZA SALNES convoca I Concurso Infantil de Debuxo Apícola co fin de involucrar e concienciar aos nenos sobre o valor da abella como axente polinizador e na conservación do medio...

+

Todo preparado para a Semana Santa na ría da Estrela

Na ría da Estrela (ría de Muros e Noia) prepararon estes días até os máis miúdos detalles para recibir aos visitantes de Semana Santa. "Aqueles que buscan historia, contorna, gastronomía, atoparano neste roteiro que axunta os concellos de Lousame, Muros, Noia, Porto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...