“Políticas activas de emprego” – José Manuel Pena

28 Xullo 2021

O paro xera unha situación endémica no noso país e o pleno emprego xa parece moi afastado de ser unha grata realidade. Por iso é polo que son moi importantes e necesarias as políticas activas de emprego, orientadas á creación de postos de traballo.

Tanto o SEME como o INEM, ademais de dedicarse a xestionar a protección por desemprego tamén teñen como obxectivo o de facilitar información sobre o mercado de traballo e o desenvolvemento das políticas de emprego pero, na práctica, con moi pouca eficacia.

É moi necesario a intervención de todas as administracións públicas no mercado laboral, cun compromiso real e efectivo, para axudar aos parados a atopar traballo e para iso terían que actuar como intermediarios entre o mundo empresarial e os traballadores desempregados, de face a minorar as elevadas taxas de desemprego.

As verdadeiras políticas activas de emprego tamén deben ter en conta a inserción e a formación. Por desgraza, moitos cursos son un mero negocio sen aplicación práctica algunha. Así miles e miles de parados continúan en desemprego, despois de asistir a cursos formativos ou ocupacionais.

Tamén habería que abrir canles de comunicación permanentes e fluídas coas empresas para crear unha importante liña de oferta de traballadores ben formados para empregos de calidade.

Outros artigos

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

Esta, sufrida en Urda, ha sido más dura, no solo por el número de muertos y heridos, sino también porque “llueve sobre mojado”. Las palabras “inverosímil e inexplicable”, del responsable de los transportes en España, no se sostienen ante el principio que hemos...

+

“Fieles Difuntos”. Manuel Dominguez III

Dia dos de Noviembre, esta será tu casa. Año 985-998: La conmemoración fue instituida en Francia por el monje benedictino San Odilón, abad de Cluny, quien ordenó que en todos los monasterios de su orden se rezara por las almas de los difuntos cada 2 de noviembre. Esta...

+

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

. Adiviña, adiviñador. . . Aparece á súa hora, sempre aparece:. sorriso medido,. lavado, nin unha enruga,. perfumado de brillos. e ventos de marca. . . Chucha a atención. . . Mírate aos ollos.. Pinta porvires sen sombras,. sen cansazo. . . Fai canto che di. . . Verán...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Matemos la soledad” – Manuel Domínguez III

“Matemos la soledad” – Manuel Domínguez III

Matemos la soledad, el abandono. Somos conocidos o amigos de antaño. Hoy vivimos en soledad, y a veces en el abandono. ¿Tu casa o en la mía? Ambos o ambas tenemos casa, nos valemos por nosotros mismos, así pues juntémonos, y vivamos juntos compartamos la vida. Tu casa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.