Paisaxes Sonoras contará coa presenza de Heredeiros da Crus, Tanxugueiras, Mercedes Peón e Baiuca

29 Xullo 2021

A Mancomunidade Barbanza Arousa presentou este 28 de xullo a nova edición de Paisaxes Sonoras, a segunda, unha nova proposta cultural singular baseada na mestura de paisaxes emblemáticas, recursos culturais e turísticos da contorna Barbanza Arousa e propostas artísticas. O obxectivo consiste en “achegar as potencialidades do territorio a visitantes e poboación comarcal mediante un formato innovador”. Así, Paisaxes Sonoras oferta tres xornadas consecutivas durante os días 27, 28 e 29 de agosto, nas que aposta por unha programación con artistas da nosa terra.

A cita cultural comezará con Heredeiros da Crus o venres 27 de agosto ás 20: 00 horas, en Esteiro. O sábado será o día de Rianxo, coas Tanxugueiras, unha sesión vermú que terá lugar no peirao de Taragoña ás 20: 00 horas. Tamén cantará Mercedes Peón na punta de Cabío (A Pobra do Caramiñal). O peche do festival realizarase na Fábrica de Salazón (Ribeira) coa actuación de Baiuca.

As entradas estarán dispoñíbeis dende este xoves, aínda que serán moi limitadas. O prezo é de 40 € máis gastos de xestión por abono e desde 10 euros máis gastos de xestión por entrada individual.

Tamén haberá outros eventos e espectáculos como o do Teatro Ariños, a conferencia do historiador Manuel Gago e as cantareiras de Boiro Lumiera, que formarán parte dun programa específico que terá como eixo principal a paisaxe da comarca.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reforza o alumeado público na rúa de Galicia

O Concello de Ribeira informou dun reforzamento do alumeado público nalgunhas contornas do centro urbano da cidade, concretamente no treito da rúa Galicia comprendido entre o Mercado Municipal e o cruzamento co Parque García Bayón. Segundo informaron fontes do...

+

I Concurso Infantil de Debuxo ApiBarbanza – 2024

A delegación de AGA, asociación Galega de Apicultores, no seu Delegacion do BARBANZA SALNES convoca I Concurso Infantil de Debuxo Apícola co fin de involucrar e concienciar aos nenos sobre o valor da abella como axente polinizador e na conservación do medio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...