O martes chamados a vacinarse os de 30 a 39 anos o Hospital do Barbanza. Galicia rexistra un total de 2.466 casos activos por coronavirus

Continúa a vacinación fronte á Covid-19 na Área de Santiago de Compostela e Barbanza, con máis de 6.200 persoas citadas mañá martes no Hospital de Barbanza: 800 (1 dose de pfizer/ 30 á 39 anos), na Cidade da Cultura: 5.000 ( 1 dose de Moderna / 30 á 39 anos),no Hospital Clínico de Santiago: máis de 400 (2 dose de pfizer). O domingo participaron o 78 % dos citados. Na área sanitaria compostelá lévanse administrado 492.187 vacinas ata onte, 4 de xullo. Un total de 221. 035 persoas teñen a pauta de vacinación completa.

Pola súa banda a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.466 deles 627 son da área da Coruña, 264 da de Lugo, 311 da de Ourense, 510 da de Pontevedra, 429 da área de Vigo, 237 da de Santiago e 88 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 11 están en UCI, 50 en unidades de hospitalización e 2.405 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 125.992 persoas curadas, rexistrándose 2.437 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.382.021. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.883.496.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.