O Goberno aproba en consello de ministros a rebaixa das peaxes da AP-9

27 Xullo 2021

O Consello de Ministros aprobou este martes o real decreto que recolle a rebaixa das peaxes da autoestrada AP-9, polo que esta redución podería estar en vigor esta mesma semana, ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE).

Segundo confirmou a ministra portavoz, Isabel Rodríguez, e a ministra de Facenda, María Jesús Montero, na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, o Goberno deu luz verde a esta rebaixa que xa foi anunciada polo xefe do Executivo, Pedro Sánchez, nun acto desde Galicia.

A AP-9 conecta cinco das sete cidades máis importantes de Galicia, o que supón un 60% da poboación e ademais ten conexión con portos e aeroportos.

Os traxectos da AP-9 son na súa maioría metropolitanos foron realizados por vehículos lixeiros 95,3 millóns de tránsitos durante o ano 2019. O resto, 7,54 millóns, corresponde a vehículos pesados.

A bonificacións afectarán ós vehículos lixeiros que poderán realizar en todos os traxectos a viaxe de volta de forma gratuíta utilizando dispositivos de telepeaxe, sempre que se faga nun prazo máximo de 24 horas. Aplicarase todos os días, incluíndo festivos. O percorrido de volta debe ser igual ao de ida. Tamén haberá unha bonificación adicional do 50 por certo do percorrido de ida para aqueles usuarios que realicen nun prazo máximo de 24 horas dous percorridos iguais (mesma orixe e destino) e de sentido contrario dentro do tramo Puxeiros (Vigo)-Tui e viceversa, en días laborables e festivos.

Os percorridos internos no tramo Redondela-Vigo que realicen o mesmo traxecto de ida e volta nun prazo de 24 horas terán unha bonificación do cento por cento.

Farase unha rebaixa do 20% do importe pago en todos os percorridos realizados nun mes, a contar desde o percorrido inicial, para os que fagan máis de 20 viaxes no devandito período. Contabilizarase como un desprazamento o conxunto de percorridos realizados nun mesmo día e nun mesmo sentido de circulación, calquera que sexan as entradas e saídas parciais rexistradas dentro do mesmo.

Pola súa banda, os vehículos pesados terán un desconto do 20% do importe de peaxes en todos os percorridos e todos os días, e poderanse beneficiar da gratuidade do percorrido Redondela-Vigo, incluíndo o acceso ao porto de Vigo.

Outros artigos

O novo Auditorio de Ribeira abrirá o sábado 1 de xuño

O novo Auditorio Municipal de Ribeira abrirá as súas portas o sábado 1 de xuño e para celebrar a súa apertura, a Concellería de Cultura está a organizar unha programación especial que se estenderá ao longo de todo o mes. Esta coincidirá co "Xuño dá Cultura e as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La derecha no muerde”. José Castro López

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...