O Complexo Deportivo da Fieiteira en Ribeira será ampliado cun orzamento de 900.000 euros

30 Xullo 2021

A publicación deste prego na plataforma de contratación coincide coa clasificación da ribeirense Ana Peleteiro para a final de triplo salto dos Xogos Olímpicos acadando un novo récord galego ao aire libre (14,62 metros)

A Secretaría Xeral para o Deporte vén de publicar na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a licitación das obras de ampliación do Complexo Deportivo da Fieiteira: módulo cuberto de atletismo en Ribeira (A Coruña).

Segundo os pregos da licitación, as obras que se levarán a cabo serán a construción dun pavillón anexo para albergar unha zona de adestramento cuberta para atletismo, mediante un módulo que conta con pista de cinco rúas, zona de saltos, lanzamentos; espazos para ximnasio, sala de musculación e actividades de tecnificación para a práctica do taekwondo; construción de novos vestiarios, aseos e duchas e o seu equipamento; ademais das reformas de accesibilidade e acceso ao primeiro andar.

O prazo estimado de execución é de doce meses dende a comprobación do replanteo ainda que os licitadores poden ofertar a redución deste prazo ata dous meses. O orzamento base de licitación será de 900.000 euros.

Cómpre lembrar que o investimento total da obra é de máis dun millón de euros (1.039.982,53 euros) en virtude do convenio asinado entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Ribeira. En total, a Secretaría Xeral para o Deporte achegará a un total de 600.000 euros (500.000 euros na presente anualidade e 100.000 en 2022) mentres que o Concello de Ribeira contribuirá coa cantidade restante.


Cómpre salientar que a publicación deste prego na plataforma de contratación coincide coa clasificación da ribeirense Ana Peleteiro para a final de triplo salto dos Xogos Olímpicos acadando un novo récord galego ao aire libre (14,62 metros). Esta actuación recoñece tamén o traballo realizado por outros deportistas de Ribeira como o Natural Sport Videlgi ou o parataekwondista Álex Vidal.


A Secretaría Xeral para o Deporte afianza así o seu compromiso coas infraestruturas deportivas. Dos 32.474.216 euros cos que conta en 2021 (un 28,5% máis que en 2020), 9,15 millóns serán destinados a obras de creación e reforma de infraestrutura deportiva, un 118% máis que en 2020 cando se destinou ao mesmo obxecto 4,2 millóns de euros.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...