“O comisario de pesca da UE, xordo e cego”. Antón Luaces

18 Xullo 2021

De non se producir un milagre, Galicia vai perder, como mínimo, un 60% da súa frota pesqueira a moi curto prazo de tempo. E todo porque o comisario de Pesca da Unión Europea, Karmenu Vella, pecha ollos e oídos a todo canto sexa alleo á proposta da Organización Mundial do Comercio (OMC) de retirar as exencións fiscais ao gasóleo-pesca. 

É dicir: o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) non vai contribuir -agás que se obre ese milagre- á realización de paradas temporais na pesca, e tampouco axudará a que os pesqueiros se modifiquen ao abeiro dos plans para renovar a frota, cambiar motores, etc.  Tampouco vai revisar o concepto de pesca artesanal, que lle importa tanto como lle pode  importar se unha gaita galega afina en tal ou cal nota. Don Karmenu vai ao seu: liquidar a frota. Váise ao garete -por sermos finos- ,o memorándum presentado vai un par de meses en Bruxelas por España, Francia e Italia con formulacións precisas  para a mellora das axudas á modernización da frota pesqueira no vindeiro FEM, válido para o período 2021-2027. O comisario Vella coida que sería ir “marcha atrás” e opta porque os mariñeiros morran en barcos vellos (perto de 2.000 con máis de 40 anos só en Galicia) debido a que renovar frota significa, segundo el, “aumentar as capacidades de pesca”. Mala chispa!.

Menos mal que Malta é unha illa e don Karmenu un maltés (non sei se falcón ou pomba). Tal e como se dixo neste mesmo xornal polo presidente de Europêche (Asociación de Organizacións Nacionais de Empresas Pesqueiras da UE) e secretario xeral de CEPESCA, Javier Garat, as axudas ao gasóleo pesca non son tal. Trátase dunha exención que, de non se aplicar á frota pesqueira da UE, vai deixar esta en desvantaxe competitiva fronte a aquelas outras de nacións con gasoil máis asequible ou, supostamente, menos control. Léase China, por exemplo.

O prezo do gasóleo pesca, coas bonificacións que aínda son de aplicación, sáelle aos barcos galegos a máis ou menos cincoenta céntimos o litro. Un prezo que será previsiblemente moi superior -fálase do dobre- de sair adiante, como se supón vai suceder, a proposta da OMC que será de aplicación para esa inasumible UE que mantén no seu posto a un comisario que non se sabe exactamente se é un falcón maltés ou unha pomba traída polo vento ata as húmidas terras de Bruxelas.

Que vai reportar á UE a retirada deste tipo de axudas ás frotas pesqueiras comunitarias?. Coido que nada ou, no mellor dos casos, case que nada. Pero a súa repercusión na frota galega -e en xeral na española- será mortal de necesidade, reducindo a actual nun 60% , segundo cálculos do propio sector pesqueiro.

España e outros 9 dos 27 países da UE non aceptan a proposta da OMC, como ben se sabe no seo desta organización supranacional. En teoría, a Comisión de Pesca debe defender o que din os seus socios. Pero non está nada claro que así sexa. E por se fora pouco, o Comitá Europeo das Rexións segue a liña da OMC cara a eliminación das subvencións -non entende a diferenza entre “subvención” e “exención”- o que contribúe a poñer aínda máis en perigo a posición do sector pesqueiro español. 

E menos aínda cando Karmenu Vella aparenta ser un falcón para a frota cando, na realidade, é unha pomba para os intereses da OMC e da UE que se xogan riba da mesma mesa.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...