Medalla de Ouro de Galicia 2021 ao persoal do dispositivo de vacinación

08 Xullo 2021

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a decisión do Goberno galego de outorgar a Medalla de Ouro de Galicia 2021 ao persoal do dispositivo de vacinación.

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, durante a rolda de prensa posterior á reunión semanal do Consello da Xunta. San Caetano, Santiago de Compostela, 01/07/21.

Logo de lembrar que en 2020 foron honrados os profesionais da sanidade galega implicados na atención aos pacientes covid-19, o presidente da Xunta incidiu en que “os profesionais que nos están axudando a saír do túnel a través da vacinación merecen un recoñecemento polo seu labor profesional, rigoroso, sistemático e certamente salientable desde o punto de vista de éxito loxístico e de organización”.

Nesta liña, e tras cualificar este dispositivo como “modélico”, o presidente da Xunta avanzou que “mañá chegaremos aos 3 millóns de vacinas dispensadas; máis de 1.750.000 galegos teñen pasado xa polos distintos centros de vacinación”. Galicia é a día de hoxe a segunda comunidade autónoma con máis porcentaxe de poboación vacinada cunha dose, superando xa o 70%; e tamén ocupa a segunda posición con máis poboación inmunizada, xa que o 54,1% dos galegos xa contan con pauta completa.

Feijóo puxo en valor o traballo dos equipos especiais de enfermaría que dirixen e coordinan o proceso; os equipos de citación, que son claves nun sistema tan complexo e novidoso; o persoal de enfermaría, de xestión e celador que organizou o sistema nos distintos puntos de vacinación; e o persoal sanitario implicado na farmacovixilancia e nos posibles efectos adversos.

A maiores, o presidente da Xunta tamén salientou o labor do persoal encargado de deseñar os sistemas informáticos e dixitais para organizar a campaña de citación masiva, os sistemas de rexistro e a expedición do certificado covid; os encargados da loxística e do reparto das vacinas; os traballadores dos servizos de admisión e de resolución de incidencias; profesionais da microbioloxía e investigadores; empregados dos recintos que se usan como puntos de vacinación masiva, e persoas que colaboran na organización do proceso, como policías ou voluntarios de Protección Civil.

Outros artigos

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.