Martes nubes e claros e temperaturas que empezan a subir

12 Xullo 2021

O martes a comarca e Galicia estará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións. Así, agárdase un día de ceos máis nubrados canto máis ao norte con algunhas precipitracións febles pola mañá, con tendencia pola tarde á apertura de claros. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente e as máximas experimentarán un lixeiro ascenso, chegaremos ós 23 graos. O vento soprará frouxo de compoñente norte.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do noroeste á mañá e á tarde e do norte á noite, forza 1 a 3 á mañá, 2 a 4 á tarde e 2 a 3 á noite. Mar rizado á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1.5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar00:540.8 m
Preamar07:033.3 m
Baixamar12:590.9 m
Preamar19:173.6 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar00:460.8 m
Preamar06:553.3 m
Baixamar12:510.9 m
Preamar19:093.5 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar00:510.8 m
Preamar06:593.3 m
Baixamar12:550.9 m
Preamar19:143.6 m

* As horas están en horario local.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.