Luns con nubes e néboas pola mañá, e ceos despexados pola tarde. Suba das temperaturas

25 Xullo 2021

As altas presións irán entrando progresivamente durante esta xornada achegando estabilidade. Así, comezaremos con nubes baixas e néboas, que irán retrocedendo para deixar pola tarde un panorama de ceo pouco nubrado ou despexado, con algunhas nubes no litoral norte. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará frouxo do noroeste, con intervalos de moderado pola tarde nas Rías Baixas.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 2 a 4 á mañá e á noite e 3 a 5 á tarde. Mar ovellado á mañá e á noite e marusía á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1.5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar00:160.4 m
Preamar06:303.6 m
Baixamar12:260.6 m
Preamar18:443.9 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar00:090.5 m
Preamar06:213.5 m
Baixamar12:190.7 m
Preamar18:363.8 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar00:140.4 m
Preamar06:263.5 m
Baixamar12:230.6 m
Preamar18:413.9 m

* As horas están en horario local.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Domingo 1, tempo seco con sol despexado en Santiago e nas Rías Baixas

Este primeiro de novmebro, Todolos Santos, Galicia continuará baixo o dominio do anticiclón situado sobre as Illas Británicas, o que asegurará unha xornada de estabilidade xeneralizada en boa parte do territorio. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.