Izado da Bandeira Azul e Q de calidade no Náutico de Boiro – Marina Cabo de Cruz

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participaron esta mañá no acto de izado da Bandeira Azul e da Q de calidade no Náutico de Boiro – Marina Cabo de Cruz. Ao izado asistiron tamén o deputado provincial de Promoción Económica, Blas García, e a deputada Sandra González, ademais do presidente do náutico, Manuel Fajardo.
Con esta distinción o Náutico de Boiro convertese no único da Ría de Arousa con Bandeira Azul, un distintivo concedido pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor que renova por noveno ano consecutivo. Este distintivo acredita a calidade das instalacións e os servizos que ofrecen ás persoas usuarias.
Nas súas declaracións o alcalde, José Ramón Romero, puxo en valor o traballo e esforzo da directiva do náutico que “é un orgullo para Boiro ter unhas instalacións que son un referente, non so da ría de Arousa, senón de todo Galicia”.
O presidente do náutico, Manuel Fajardo, aproveitou a visita ás instalacións para presentarlle aos deputados p provinciais o traballo que dende o club están a realizar para poder levar a cabo unha mellora nas instalacións
para que a entidade poida mellorar tamén nos servizos que ofrece.