Galicia conxelará un ano máis os prezos das matrículas universitarias

01 Xullo 2021
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, preside a reunión do Consello da Xunta. Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, 01/07/21.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a aprobación do decreto polo que se fixan os prezos públicos dos servizos académicos e administrativos no Sistema Universitario de Galicia para o curso 21/22, de xeito que os estudantes seguirán pagando pola súa matricula o mesmo que hai 11 anos.
“Un ano máis, Galicia volve situarse entre as comunidades máis baratas do Estado para cursar un grao ou un máster universitario”, dixo, precisando que esta medida suporá un aforro de preto de 19 millóns de euros para as familias.
Así, as taxas universitarias mantéñense invariables con respecto ao presente curso, cun prezo medio de 11,89 €/crédito para todas as primeiras matrículas de grao e de máster non habilitantes e habilitantes, de xeito que: un estudante de grao aforrará 266,40 euros por curso; un alumno de máster habilitante, 618,6 €/curso; e un estudante do resto de
másters universitarios, 1.094,40 euros.
En termos comparativos, estes 11,89 euros de media por crédito son: 4,4 euros menos respecto ao prezo medio dun grao en España (16,33); 10,31 euros menos respecto ao prezo medio dun máster habilitante en España (22,20); e 18,24 euros menos respecto ao prezo medio dun máster non habilitante no conxunto do país (30,13).
Diante destas cifras, Feijóo aseverou que Galicia é a segunda comunidade de España onde é máis barato estudar un grao, tendo en conta que o 89% das matrículas corresponden a estas titulacións; “e somos a comunidade máis barata para estudar un máster non habilitante”, precisou.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.