En Portosín incautados 742 quilogramos de sardiña

03 Xullo 2021

O Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil interviu 742 quilogramos de sardiña en Portosín. A actuación tivo lugar cando integrantes do patrulleira Río Andarax, realizaba un control de pesca en augas costeiras. Nas inmediacións de cabo Fisterra, os axentes localizaron un barco do cerco que procederon a inspeccionar.

A bordo atoparon 218 caixas contendo sardiña, das que 40 estaban ocultas nas duchas do pesqueiro. A Garda Civil ante a sospeita de que as capturas de a bordo superasen os topes autorizados foi co barco ata as instalacións do porto de Portosín para verificar a carga. A pesada acadou máis de 3.000 quilogramos de sardiña, excedendo en 742 o máximo autorizado da embarcación, fixado en 2.300 quilos.

A Garda Civil procedeu á incautación do exceso de capturas e á confección da pertinente acta de denuncia por suposta infracción da Lei de Pesca de Galicia. A sardiña comisada foi entregada nun centro benéfico.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.