En Boiro a finde festiva saldouse con denuncias, queixas polo ruído nocturno e danos no mobiliario urbano

05 Xullo 2021

A que vimos de deixar atrás foi finalmente unha fin de semana movida en Boiro, coincidindo co regreso do lecer nocturno. Segundo compartiron este luns 5 de xullo o Concello e máis a Policía Local, rexistráronse dúas detencións, dúas denuncias e varias queixas polos ruídos na primeira fin de semana de apertura de establecementos ata ás 3.00 horas da madrugada. Amais, rexistráronse danos importantes no mobiliario urbano, por exemplo macetas ou papeleiras.

Durante a noite do sábado desaloxáronse e propuxéronse para sanción tres locais por non respectar a capacidade máxima e interpuxéronse un total de 10 denuncias por non levar posta nin portar a máscara facial, alterar a orde pública ou negarse a identificarse e ofrecer resistencia á autoridade. Realizáronse tamén dúas detencións, unha na noite do venres e outra na noite do sábado, por desobediencia e desorde público.

Durante a fin de semana a Policía Local tivo que actuar en varias pelexas e atender diversas queixas por ruídos e aglomeración de xente na vía pública. Rexistráronse tamén numerosos danos en mobiliario público como macetas tiradas, luminarias e papeleiras rotas e danos nunha máquina expendedora.

O Concello lembra que “a programación cultural organizada con motivo das Festas do Verán 2021 está deseñada con todas as medidas de seguridade, control de capacidade de control de acceso para minimizar os riscos”, poñendo o foco en que “todos os espectáculos rematan arredor das 00.00 horas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.