Domingo con choivas ata mediodía e nubes e claros pola tarde

Durante o domingo estaremos nunha situación intermedia entre o anticiclón das illas dos Azores e unha borrasca centrada ó sur das Illas Británicas. Deste xeito, agárdanse ceos parcialmente nubrados en xeral con precipitacións máis probables na franxa atlántica pola mañá e tamén en zonas altas pola tarde. As temperaturas mínimas continuarán sen cambios, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso está previsto que cheguemos ós 25 graos. Os ventos soprarán frouxos, do noroeste en xeral.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do noroeste á mañá e á tarde e do norte á noite, forza 2 a 3 á mañá e á tarde e 4 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar05:473.6 m
Baixamar11:450.6 m
Preamar18:033.9 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar05:373.5 m
Baixamar11:360.7 m
Preamar17:533.9 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar05:423.6 m
Baixamar11:410.6 m
Preamar17:583.9 m

* As horas están en horario local.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)