Comezaron esta semana as actividades do Campamento de Verán Rianxo 2021

Esta semana deu comezo o Campamento de Verán Rianxo 2021, unha proposta de lecer estival impulsada polo Concello (área de Deportes) que conta con 140 participantes.

As actividades arrincaron nas instalacións Pazo de Rianxiño, do CEP Brea Segade de Taragoña e do CEIP Ana Mª Diéguez de Asados.

A duración do campamento é do 5 de xullo ao 27 de agosto, en horario de 10.30 a 13.30 h. As e os participantes contan ademais cun servizo de Plan Madruga dende as 08.00 h.

O mércores 07 de xullo, ás 11.30 h, o alcalde Adolfo Muíños e a concelleira Raquel García deron a benvida as participantes no Pazo de Rianxiño.