Comezan as actividades do segundo Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22

08 Xullo 2021

A segunda convocatoria do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22, impulsada novamente pola Secretaría Xeral de Política Lingüística que dirixe Valentín García, iniciouse cunha manchea de actividades previstas para esta tempada de verán. As primeiras actividades dos beneficiarios desta edición serán presenciais e culturais. Os interesados poderán realizalas ata o 15 de decembro de 2021.

Ditas propostas comezan o domingo, a cargo do grupo Óscar Ibañez & Tribo e continuarán a semana seguinte cun obradoiro de danza, da man da coreógrafa e bailarina Kirenia Martínez.

O grupo Óscar Ibáñez & Tribo, presenta o seu proxecto Porteláns, un espectáculo de música instrumental conducido integramente en lingua galega e creado especialmente no 2020 co gallo do nacemento do gaiteiro de Viascón, Ricardo Portela. O concerto busca atraer a todos os públicos. Así, o frautista pontevedrés e a súa tribo contarán coa colaboración dos artistas Pepe Romero, Jorge Maño, Adrián García e da xilofonista Carla Villanueva.

Pola súa parte, a Banda de Gaitas Suevia e a Banda de Gaitas Nova Era, ofrecerán en total dous concertos: o primeiro o, vindeiro domingo 11 de xullo, ás 22:00 horas na praza Mestre Cerviño, e o segundo, o 17 de xullo ás 21:30 horas no Castelo de Monterrei. As entradas serán de balde.

Outro dos proxectos deste fondo é o espectáculo de danza da bailarina e coreógrafa Kirenia Martínez. O colexio CPI Uxío Novoneyra de Seoane acollerá esta proposta dividida en dous obadoiros, un para mulleres e outro para nenos e nenas que tomará como material de partida os contos do poeta do Courel, Uxío Novoneyra. Polo momento, haberá dous sesións: unha para adultos e outra para nenos. O obradoiro rematará o 3 de setembro cun espectáculo de danza. Os interesados poderán inscribirse a través do correo electrónico kireniacma@gmail.com.

O proxecto Cultural Xacobeo 21-22 continuará nos próximos meses con música, obradoiros, teatro, monicreques, danza, relatorios, circo e maxia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...